Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Xuventude inaugura a exposición Influencia da Vestimenta Romana no Lucus Augusti


# Mércores, 11/06/2008
A mostra estará na Sala Porta Miñá ata o vindeiro domingo 15 de xuño

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, acompañada polas concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron a exposición Influencia da Vestimenta Romana no Lucus Augusti, composta con traxes realizados polos internos matriculados no instituto do Centro Penitenciario de Bonxe.

Son 19 traxes orixinais que se distribuíron polo museo tendo en conta a súa estrutura orixinal:

1º.- Celtas
2º.- Un soldado militar, xa que o primeiro en chegar a Lucus Augusti foi un destacamento militar.
3º.- Un senador
4º.- Sacerdotisa Vestal e a representación de Venus.
5º.- Un emperador acompañado dun soldado
6º.- Diferentes modelos de vestimenta de mulleres.
7º.- Vestimentas orientais.

Para realizar todos e cada un destes traxes entregouse documentación da época. Os responsables da exposición explicaron que non son disfraces, senón traxes perfectamente adaptados aos modelos romanos. De feito, todos os modelos empregan como base a túnica, unha peza interior coñecida como chitón grego e togas de diferentes colores para o abrigo.

Cada modelo conta con pezas de xoiería feitas a man. É importante subliñar que todo o material empregado é material de reciclaxe.

Esta novedosa iniciativa partiu da Concelleira de Xuventude e levouse a cabo en colaboración coas institucións penitenciarias. Estes traxes pasarán a formar parte do grupo de vestimentas que prestará o Concello durante a celebración do Arde Lucus MMVIII.

A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro domingo 15 de xuño, de 11:00 a 14.00 horas e de 17:00 a 19.00 horas na Sala Porta Miñá.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova