Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro Social de Díaz de Castro acolle unha exposición cuns 150 traballos realizados polos asistentes aos talleres organizados polo Concello


# Mércores, 11/06/2008
A mostra estará aberta ata o vindeiro domingo 15 de xuño

Entorno a 150 pezas compoñen a exposición que a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, inaugurou esta mañá e que contén os traballos realizados polos participantes nos obradoiros de Animación Sociocultural do Centro Social de Díaz de Castro organizados pola súa Concellería.

Máis de 60 pinturas, cestos, macramé, bolillos, manteis…son unha mostra das actividades realizadas polos usuarios do centro dende o pasado mes de outubro. A Concellería de Benestar Social organizou neste centro unha serie de obradoiros dirixidos a todos os públicos como manualidades diversas ( vidro, madeira, pintura con area,…), bolillos, xoias para os rapaces, costura, pintura ao óleo, acuarela…

A exposición estará aberta ao público de 9:00 a 13:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas ata o vindeiro domingo 15 de xuño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova