Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Benestar Social repartirá 10.000 exemplares da revista Entre Lusco e Fusco


# Xoves, 12/06/2008
A publicación aborda a prevención das drogodependencias en familia

O Servizo de Prevención de Drogodependencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, presenta a súa III Revista para nais e pais pertencente ao Programa de Prevención Familiar “Entre Lusco e Fusco”.

O éxito deste innovador programa foi contundente e pretende consolidarse nos vindeiros anos. Os exemplares editados foron 10.000, dos que se destinarán uns 6.500 ás familias con fillos en educación primaria, os 3.500 exemplares restantes serán repartidos á poboación lucense xeral. Ademais, a publicación pódese consultar na páxina web http://prevenciondrogas.lugo.es

Dende o Concello considerouse que co gallo do remate do curso escolar, é oportuna a entrega desta terceira revista que aborda temáticas máis conceptuais e específicas que as anteriores. Nesta ocasión introdúcese aos pais e nais nos aspectos que envolven ao fenómeno das drogodependencias. A revista está realizada dende a perspectiva de prevención, pero trata contidos conceptuais necesarios para comprender a realidade contextual que afecta a este fenómeno de tan perigosas dimensións.

Así, coa finalidade de promover a comprensión dos adultos ante as drogodependencias e conseguir alcanzar unha mellor e máis ampla prevención ante esta problemática, a III Revista “Entre Lusco e Fusco” expón os seguintes epígrafes:
- Conceptos básicos acerca das drogodependencias
- O proceso de adicción
- Síntomas e signos
- Etapas do proceso
- Mitos e realidades sobre as drogas

Números anteriores
As dúas anteriores revistas de divulgación trataron temáticas como:

1ª Revista: apostou por unha postura orientada cara a educación destinada á poboación infantil e adolescente, coas temáticas:
- A prevención comeza na infancia
- A distribución do ocio
- Aprender a escoitar

2ª Revista: preocupouse da relevancia que posúen os modelos educativos representados polos pais, nais ou titores para mocidade e a influencia das normas, actitudes, valores... a nivel cotiá. Así abordáronse as seguintes temáticas :
- Os pais como modelos
- Límites e normas

Coas tres revistas do Programa de Prevención Familiar “Entre Lusco e Fusco”, unido ás conferencias e coloquios ofertados para pais e nais nas diferentes escolas do Concello de Lugo e ás asesorías ofrecidas dende os Servizo de Prevención de Drogodependencias sito no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, aténdese a un dos eidos máis importantes da prevención das drogodependencias: a prevención dende familia, que é o máximo expoñente educador, socializador e, en definitiva, protector dos máis novos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova