Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 400 nadadores participarán no XVIII Trofeo de Natación Cidade de Lugo


# Martes, 10/06/2008
O Concello de Lugo e o Club Fluvial organizan cursos de piragüismo para os meses de verán

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do Club Fluvial de Lugo, Eduardo Núñez Torrón,  o director técnico de natación do club, Jaime López e José Antonio Fernández, director técnico de piragüismo do Club Fluvial, presentaron hoxe o XVIII Trofeo de Natación Cidade de Lugo e os cursos de verán de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade privada.

Na competición deportiva que se celebrará o vindeiro sábado, 14 de xuño, participarán 14 clubes de toda Galicia e Portugal,  cun total de 390 nadadores. Haberá tres categorías masculinas e femininas:

-Masculinas:
Benxamín de 8 a 10 anos
Alevín de 11 a 12 anos
Infantil de 13, 14 e 15 anos.

-Femininas:
Benxamín de 8 e 9 anos.
Alevín de 10 e 11 anos.
Infantil de 12 e 13 anos.

As categorías benxamín e alevín participaran nas probas de 50 metros mariposa, 50 metros espalda, 50 braza e 50 libres, mentres que para os de infantil serán as mesmas probas pero nadando unha distancia de 100 metros. Haberá unha última proba de relevos.

Piragüismo no verán
En canto aos cursos de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e o Club Fluvial, permitirá aos rapaces a partir de 10 anos iniciarse neste deporte tan arraigado na cidade.

Os interesados en participar deberán saber nadar como mínimo 25 metros, e entregar a solicitude de inscrición nas oficinas da Concellería de Deportes ou no Club Fluvial.

Os cursos terán lugar de luns a venres nos meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde e durante a primeira quincena de setembro de 17:00 a 19:00 horas.

Para obter máis información pódese chamar ao teléfono da Concellería de Deportes:982 206 340 ou ao teléfono do Club Fluvial 982 221 167.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova