Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O IX Trofeo de Corpus de Ciclismo terá lugar esta fin de semana


# Xoves, 12/06/2008
Será o sábado 14 de xuño na Ronda de Fingoi

A Concellería de Deportes do Concello de Lugo que dirixe José Manuel díaz Grandío, e o Club Ciclista Milagrosa, organizaron para o vindeiro sábado 14 de xuño, o IX Trofeo de Corpus de Ciclismo.

A proba comezará ás 16:00 horas para as categorías escola, cadete e junior. Os ciclistas destas categorías percorrerán un circuíto urbano que transcorrerá pola Avenida de Magoi dende República Arxentina ata rúa do Valiño.

Haberá tamén unha proba de Yinkana para a categoría máis pequena de Escolas  (principiantes) que se celebrará na Praza Rúa Bispo Ona de Echave.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova