Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo de inscrición para as visitas á ETAP


# Venres, 13/06/2008
As persoas que desexen coñecer esta infraestrutura tan importante para a cidade deberán inscribirse no 010 ou na web municipal www.lugo.es

A Concellería de Medio Ambiente, dependente de Lino González Dopeso, mantén aberta a inscrición para as excursións á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) que comezan o vindeiro luns 16 de xuño ás 18:30 horas ata o sábado 21.

Todos os que o desexen poderán inscribirse no 010 ou na páxina web municipal: www.lugo.es. Son excursións gratuítas e os autobuses sairán do tramo peonil da Ronda da Muralla ata Adai, onde está situada esta planta.

O obxectivo é que todos os lucenses coñezan de primeira man os procesos polos que pasa a auga ata chegar ás súas billas, para iso un técnico de Acuanorte explicará cada un dos pasos in situ. Ademais, todos os participantes recibirán agasallos relacionados coa auga e o seu consumo responsable.

Estas visitas dirixidas a adultos, terán unha duración aproximada de 40 minutos, serán de luns a sábado e os autobuses sairán ás 18:30 dende o tramo peonil da Ronda da Muralla (fronte o edificio administrativo municipal), o sábado a saída será pola mañá ás 11:30 horas. Así dáse a posibilidade de visitar a obra tamén a todas aquelas persoas que non podan asistir ao longo da semana.

A Estación de Tratamento de Auga Potable estará a pleno funcionamento arredor do mes de outubro. Neste momento están en proba os equipos de forma individual e a vindeira semana estará en probas toda a planta.

Esta planta bombeará un máximo de 650 litros por segundo e o caudal medio que na actualidade consume a potabilizadora de Lugo é de 400 por segundo. As novidades desta planta con respecto a outras, é o uso de técnicas novidosas como o tratamento de ozonización -inxección de ozono- e o filtrado a través de carbono activo que evitan o sabor e olor da auga.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova