Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ao redor de 600 rapaces participarán no III Torneo Polvorín de Fútbol Base


# Luns, 16/06/2008
Será a vindeira fin de semana no campo municipal do Polvorín

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao asesor técnico da Área de Deportes da Deputación Provincial, Eduardo Fernández Abel, e a presidenta do SDeC Polvorín, Carmen Télez, e o organizador do evento, Julián Castaño, o III Torneo de Polvorín de Fútbol Base.

Esta competición celebrarase os días 20, 21 e 22 de xuño no campo municipal do Polvorín.  O  Concelleiro indicou que “se trata dunha boa oportunidade para que os nenos da cidade gocen do fútbol e den boa mostra das capacidades do deporte de base lucense”.

No torneo participan un total de 27 equipos galegos, nacionais e internacionais, nas categorías de alevín e benxamíns entre eles achéganse rapaces de Ourense, León, Vigo, Madrid, Santander, Valladolid ou Porto,  e está previsto un éxito de participación e de público.

Serán un total de 94 partidos nos que participarán ao redor de 600 rapaces.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova