Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o autobús Lugo xa conecta que percorrerá o municipio ata o 31 de outubro


# Luns, 16/06/2008
Achegará as novas tecnoloxías a todos os barrios e parroquias do concello de Lugo de Guitiriz, Castroverde e Cervantes

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, presentaron o autobús interactivo Lugo xa conecta que dende o 16 de xuño e ata o 31 de outubro percorrerá todo o concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía.

Ao longo de mes e medio un autobús interactivo equipado cos últimos medios tecnolóxicos, 11 equipos informáticos e conexión a internet, visitará de luns a sábado o municipio -barrios e parroquias- para contribuír á formación da cidadanía en todo o relacionado coa Administración electrónica.

Esta iniciativa está enmarcada dentro de Lugoarrobavanza, un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía internet os seus asuntos coa Administración.

Para a formación empregarase unha metodoloxía de aprendizaxe axeitada a cada grupo de persoas: para usuario novel e experimentado. O desenvolvemento da acción formativa estará estruturado en obxectivos de aprendizaxe que deberán acadarse de forma gradual. O obxectivo é que toda a cidadanía coñeza o mundo de internet e as posibilidades que permite.

Os bloques temáticos van dende as fórmulas para perderlle o medo ás novas tecnoloxías ata como facer tramitacións telemáticas ou empregar a sinatura electrónica. A formación centrarase en trámites como a solicitude de axudas, subvencións e licenzas, realizar pagos, coñecer o estado de tramitación dos seus expedientes a tempo real, recibir información sobre a falta dalgún documento, recibir notificacións, etc…

No acto estiveron tamén presentes a alcaldesa de Guitiriz, Regina Polin, e o alcalde de Castroverde, José María Arias, xa que esta iniciativa tamén se porá en marcha neses concellos e no de Castroverde.

O Concello de Lugo preséntase como coordinador dun proxecto de cooperación tecnolóxica con varios concellos da provincia co fin de dar un paso máis cara a integración da Administración Electrónica mediante a correcta implantación do Sistema Integrado de Gestión Municipal (SIGEM).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova