Imprimir

AS CONCELLERÍAS DE BENESTAR SOCIAL E DEPORTES ORGANIZAN O III IMOS ANDANDO


17/6/2008 As inscricións para participar rematan o vindeiro luns 23 de xuño

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a terceira edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos, que terá lugar o mércores 25 de xuño.

O programa consiste nunha caminata con saída da praza Maior e remate na zona verde ao lado da estación elevadora de auga, onde haberá distintas actividades de confraternidade durante toda a tarde. Serán un total de 6 quilómetros de marcha, que comezará ás doce do mediodía.

Unha vez neste espacio, haberá un xantar popular con baile ao carón do río. Haberá servizo de autobuses dende as catro e media ata o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.

O prazo de inscrición para esta actividade será ata o luns 23 de xuño e deberá facerse nos centros sociais e nas piscinas municipais.

Os Concelleiros lembraron o éxito que tivo esta actividade o ano pasado cunha participación dunhas 600 persoas.