Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Xuventude inaugura o Arde Lucus MMVIII


# Venres, 20/06/2008
O Macellum e do campamento romano abriron as súas portas trasladando á cidade aos seus orixes romanos

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, deu o pistoletazo de saída ao Arde Lucus MMVIII  coa inauguración do macellum e do campamento ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.

Máis de 250 actividades, actuacións e espectáculos conforman esta nova edición da festa Arde Lucus, que se celebrará ata o domingo á noite e que está organizada pola Concellería de Xuventude. Basadre explicou que un dos obxectivos da festa é revitalizar o centro histórico da cidade ao comezo do verán, recordando o noso pasado para que sexamos conscientes das nosas raíces que fan de Lugo a cidade que é hoxe”. A Concelleira engadiu que “agardo que todas e todos, lucenses e visitantes, disfruten destas 72 horas de celebración cun completo programa que está feito para que todos os cidadáns participen na festa”.

O campamento abriu as súas portas no carril dás Estantigas. Tanto o campamento como o macellum contaron coas súas propias actividades con animación de humor, acróbatas, malabares e música. Houbo ademais realizarase instrución militar polas rúas do centro e paseos de bigas e cuádrigas.

Outro dos actos novos deste ano foi o combate de boxeo o Pugilatum “In memoriam” Tori jul que se celebrou na praza de Santa María ás sete da tarde.

Xogos romanos e exibiciones de tiro con arco, o Nasciturus e as lecturas de runas , vodas celtas , e outros eventos tiveron lugar ao longo da tarde e boa parte da noite.

A gran batalla final entre celtas e romanos a cargo de Legend, Cohors III Lucensium, Legio Nova Invicta e Cohors I Galicia tivo lugar coa chegada da media noite na zona peonil da Rolda da Muralla.

A bacanal, que estará a cargo, como é tradicional, da asociación Alas, encheu de espectáculo de luz, son e movemento na praza de Anxo Fernández Gómez.

Durante a noite, a cidade contará con animación continuada de rúa, coa presenza de zancudos, desfiles, gardas romanas, tambores, etc...

Todavía quedan dous días mási de festa nos que arderá a cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova