Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus MMVIII reuniu na cidade a máis de 300.000 persoas


# Luns, 23/06/2008
O programa de actos desenvolveuse con total normalidade e un éxito de participación nas actividades

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, indicou hoxe que” a festa do Arde Lucus que acabamos de celebrar na cidade foi un rotundo éxito”.

Máis de 300.000 persoas pasaron pola cidade para disfrutar desta festa que ten xa un gran recoñecemento como se demostrou coa cobertura do evento que realizaron medios de ámbito nacional. Un dos acontecimientos que máis público reuniu foi o circo romano, no que estiveron presentes unhas 9.000 persoas.

As vodas celtas e romanas, os desfiles, a venda de escravos, as olimpiadas, o concerto de Mutenrohi, a queimada, e os fogos artificiais no parque foron outros dos eventos que máis número de persoas reuniron na cidade.

Os establecementos hoteleros da cidade tiveron unha ocupación ao longo da fin de semana de prácticamente o cen por cen. “Sabemos que centos de persoas desplazáronse dende A Coruña, onte, a peaxe de entrada na cidade herculina contou con fortes retencións dos coruñeses que estiveron en Lugo disfrutando do Arde Lucus.”

Xa unha semana antes comenzaban os preparativos, pola exposición de traxes celebrada en Porta Miñá pasaron unhas 600 persoas.

A pesar da participación masiva, o programa desenvolveuse sin incidencias, polo esforzo realizado polos técnicos da Concellería de Xuventude e polos demáis servizos implicados na festa: Protección Civil, os servizos de limpeza, os servizos eléctricos, etc.

Son moitas as voces que piden que se declare esta festa como festa de interés turístico galego e, incluso, nacional, “pero todavía debemos agardar 3 anos xa que xa que fai falta que a festa se veña desenvolvendo dende os 10 anos”.

A Concelleira agradeceu aos cidadáns lucenses o modo no que se volcaron coa festa, ao vestirse de romanos e participar nas máis de 250 actividades organizadas. “O éxito e de todos e todas as lucenses”

Basadre explicou que xa están a traballar na edición do vindeiro ano, no que haberá novedades e se manterán as actividades que máis éxito teñen entre os lucenses e visitantes.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova