Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Publicadas as listas de admitidos nos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico


# Mércores, 25/06/2008
A formación impartirase do 30 de xuño ao 29 de xullo

O Concello de Lugo fixo pública a lista de admitidos para asistir á XI edición dos cursos de verán de Educación Vial, que se desenvolverán nas instalacións do PIT entre o 30 de xuño e o 29 de xullo. O listado coa formación dos grupos poderá consultarse dende hoxe, 25 de xuño, no taboleiro de anuncios do Concello, no Parque Infantil de Tráfico e na páxina web do Concello.

Novamente, estes cursos están dirixidos á poboación moza de Lugo, entre os 8 e os 13 anos, para car e bicicleta, e entre os 14 e os 16 para ciclomotor. Formáronse para as clases grupos de non máis de 20 rapaces que recibirán formación teórica e práctica durante dúas horas e media. Cada grupo terá unha semana de clase e se formarán grupos en horarios de mañá (de 10:30 a 13:30 horas) e de tarde (de 17:00 a 19:30 horas).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova