Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A delegación lucense é recibida polo cónsul de España en China


# Venres, 20/06/2008
O Alcalde de Lugo inaugurou a nova delegación da empresa lucense Azkar e visitou as súas instalacións

A delegación lucense que está estes días de viaxe oficial en China e na que están representantes do Concello de Lugo, da Deputación provincial, da USC e da Cámara de Comercio mantivo hoxe un encontro oficial co Cónsul de España en China, Antonio Segura Moris.

O acto comezou cunha actuación da representación que o grupo Cántigas e Flores enviou ao país asiático. O cónsul dixo que se emocionou con esta actuación xa que lle trae recordos de Asturias de onde é natural.

O Alcalde, a Concelleira de Economía e a Vicepresidenta, aproveitaron o encontro para poñer en común a distinta visión da empresa que existe entre China e España. O cónsul considera que é fundamental que se produza un achegamento entre ámbolos dous países para que naza ese lazo de confianza que facilitará a implantación de empresas españolas no país.

Na xuntanza participou tamén José Rico, director do Igape en Shanghai e Roberto Cabana, un lucense que leva 8 anos vivindo en China e que puxo en marcha a súa propia empresa Asia Bussiness Partner Co en Shanghai.

A cultura, o turismo e o irmandamento entre as murallas romana de Lugo e chinesa tamén centrou unha boa parte da xuntanza. O Alcalde destacou a importancia de que se coñezan dúas culturas tan alonxadas no espazo e tan próximas na esencia. Para o cónsul, que dixo ser un namorado de Lugo e da súa gastronomía que as murallas se irmanden é un símbolo moi importante para o pobo de China que se abre a unha cidade pequena e cunha historia tan grande. Tanto o Alcalde como o cónsul quixeron que se entendese na súa dimensión o que supón xa só para unha cidade como Shanghai que soe o nome de Lugo.

O Alcalde agasallou ao cónsul cunha maqueta e un pin de ouro da Mosquera. López Orozco sinalou que ese agasallo serviría "para que sempre leve un pedazo  de Lugo con el. Cando lle pregunten diga que é Lugo e con iso estarémoslle eternamente agradecidos".

O acto rematou coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia pola agrupación Cántigas e Flores.

Encontros empresariais
As empresas desprazadas na delegación a China, comezaron ademais os seus encontros con empresarios chinos, para establecer lazos comerciais para o futuro.

Sede Azkar
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o equipo directivo de Azkar e outros representantes locais asistiron á inauguración da nova sede da empresa lucense en China. As oficinas ocupan un amplo espazo no centro económico de Shanghai.

O Alcalde, no seu discurso, felicitou á empresa e fixo unha mención especial a Luís Fernández Somoza,  un lucense que desde Lugo soubo trasladar a súa empresa a toda Europa e agora tamén ao continente asiático.  López Orozco desexoulle os maiores éxitos de futuro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova