Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Servizos Xerais asiste como madriña ao acto de graduación de Enfermería


# Venres, 20/06/2008
Animoulles a traballar para axudar aos demais

A Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, asistiu como madriña ao acto de graduación da promoción de enfermería 2005-2008 . O evento tivo lugar ás 18:00 horas de hoxe venres na Facultade de Enfermería do Campus de Lugo.

A Concelleira felicitou a todos os novos diplomados e díxolles que “Lugo ten que competir con xente como vos, mozos e mozas extraordinariamente formados que poden destacar nun mercado global, e nunca por ofrecer traballadores con salarios baixos, toda apuesta polo coñecemento é un valor de futuro”.

Zarzuela deulles as grazas por elexila como madriña e permitirlle compartir con eles este momento inolvidable na súa vida.

A Concelleira indicou que a enfermería é unha profesión vocacional. “Desde este momento traballeis para axudar aos demais e non hai no mundo nada que satisfaga máis”.

Ademais explicou que desde o Concello se están a poñer en marcha dende fai tempo, actividades relacionadas coa promoción de hábitos saudables e coa prevención. “Son pequenos granos de area para a consecución dun gran obxectivo que é o de educar á poboación para que se desenvolvan prácticas saudables na súa vida diaria”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova