Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 650 persoas participan no III Imos Andando


# Mércores, 25/06/2008
O evento está organizado polas Concellerías de Deportes e Benestar Social

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participaron hoxe na terceira edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos.

O programa consistiu nunha camiñada de 6 quilómetros con saída da praza Maior e remate na zona verde ao lado da estación elevadora de auga, onde os maiores puideron participar en distintas actividades de confraternidade durante toda a tarde.

Neste espazo, houbo tamén un xantar popular con baile, ademais doutras actividades.

O Concello puxo un servizo de autobuses dende as catro e media até o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.

Cada ano participan máis persoas nesta cita que está a ter moito éxito entre os maiores da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova