A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, participaron hoxe na terceira edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos.
O programa consistiu nunha camiñada de 6 quilómetros con saída da praza Maior e remate na zona verde ao lado da estación elevadora de auga, onde os maiores puideron participar en distintas actividades de confraternidade durante toda a tarde.
Neste espazo, houbo tamén un xantar popular con baile, ademais doutras actividades.
O Concello puxo un servizo de autobuses dende as catro e media até o final da xornada para facer o viaxe de volta á cidade.
Cada ano participan máis persoas nesta cita que está a ter moito éxito entre os maiores da cidade.