Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Servizos Xerais presidiu a xuntanza do Consello Municipal de Consumo


# Mércores, 25/06/2008
Analizouse a situación das reclamacións máis frecuentes e as actividades levadas a cabo ao longo do ano pola OMIC

A Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, presidiu hoxe a primeira xuntanza do Consello Municipal de Consumo no que participan, ademáis dos grupos políticos con representación municipal, diversas asociacións de consumidores da cidade: ACUA, Asociación de Amas de casa e consumidores, a Federación Galega de Comercio, a Asociación de Almacenistas de Alimentación, e a Cámara de Comercio.

Ao tratarse dunha xuntanza con carácter informativo, a Concelleira deu conta das actividades que se veñen realizando ao longo do ano dende a OMIC, como conferencias, cursos e as publicacións editadas. Ademais, Zarzuela, explicou aos membros do Consello que dende a OMIC continuarán a traballar na mesma liña para garantir que usuarios e consumidores coñezan os seus dereitos e garantir que sexan respectados por todos.

Nesta xuntanza analizouse, ademais, a situación das reclamacións máis frecuentes e mailo papel da oficina de consumo no asesoramento aos consumidores, e tratáronse aspectos relativos á tramitación de reclamacións e arbitraxe de consumo. No que vai de ano realizáronse xa un total de 438 consultas e 164 reclamacións; a telefonía móbil e fixa, os servizos financeiros, a compra-venda de automóbiles de segunda man e a electricidade, son as actividades que contan cun maior número de consultas e reclamacións.

Asemade, realizáronse por parte dos membros distintas consultas sobre a posibilidade de recoller no regulamento, de presentar iniciativas e propostas para a súa consideración na programación anual da delegación. Ao ser unha xuntanza de contacto, as propostas de acción concretas analizaranse máis polo miúdo en próximas convocatorias.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova