Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As piscinas municipais de verán abrirán o vindeiro martes


# Mércores, 25/06/2008
A entrada dos nenos e nenas terá un prezo de 0,90 euros e de 2,10 a dos adultos

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, abrirá as piscinas municipais de verán do Complexo Deportivo de Frigsa o vindeiro martes 1 de xullo.

O horario do baño será de luns a venres de 12:00 a 20:30 horas, mentras que os sábados e domingos abrirase ás 12:00 e pecharase ás 20:00 horas.

Os prezos establecidos para esta nova campaña de verán están establecidos en 0,90 euros a entrada e 10,20 euros o abono de 15 baños para os rapaces e rapazas ata 15 anos. Para os adultos, de 16 anos en adiante, a entrada terá un custo de 2,10 euros, o abono de 15 baños de 21,10 euros e o abono de 15 baños para pensionistas será de 10,60 euros.

Por outra banda oa abonos familiares terán unha tarifa especial: 28,30 euros o de 15 baños e de 56,10 o de 30 baños.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova