Imprimir

EL MEJOR DÍA DE MI VIDA, A SEGUINTE PROXECCIÓN DO CICLO DE CINE XUVENIL MULLER E INTERCULTURALIDADE


26/6/2008 Será mañá venres a partir das 22:00 horas

Mañá venres, 27 de xuño, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar co filme El mejor día de mi vida. O protagonista, Arthur, estaba seguro de que con Lola non caería nos tópicos da parella convencional. Pero, ao cumprir os trinta, ela recupera a idea do príncipe encantado e pídelle unha verdadeira proba de amor: o matrimonio. Ela véndelle un enlace idílico e Arthur, por amor, déixase convencer pero impón a Lola unha serie de condicións para que a súa unión non se converta nun circo.

Entre os soños infantís de Lola, os desexos anticonformistas de Arthur e a expectativa dunha voda pomposa que espera a familia, a parella vese atrapada. A organización do mellor día das súas vidas complicarase máis do que eles esperaban. Non querían facer o que fai todo o mundo... e van conseguilo...

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.