Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza unha xornada de seguridade viaria na moto: Bike con Tento


# Xoves, 26/06/2008
As inscricións deberán formalizarse na Oficina de Información Xuvenil

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, e o presidente da Asociación Provincial de Autoescolas, José Luis García, presentaron hoxe a xornada sobre seguridade viaria na moto que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xullo baixo o título Bike con tento.

A Concelleira explicou que “un total de 50 persoas, maiores de 16 anos, poderán asistir de balde a este curso teórico-práctico en xornada de mañá que trata de transmitir ás mozas e mozos lucenses as principais técnicas de manexo seguro”. Estas clases teórico prácticas, terán lugar nas dependencias da Xefatura Provincial de Tráfico.

Os interesados en participar poderán formalizar as súas inscricións ata o vindeiro xoves, 3 de xullo,na Oficina de Información Xuvenil (OIX) no terceiro andar do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

Ademais, ao longo da xornada haberá diversas actividades complementarias na praza da Horta do Seminario, como o concerto de Killer (grupo que ensaia nas dependencias da Casa da Música) e Maldía a partir das 19:30 horas ou unha exposición de motos dende as once da mañá ás dez da noite. A Concelleira engadiu que haberá sorteo de agasallos entre os asistentes.

A xornada está organizada polo Concello de Lugo, a Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación Provincial de Autoescolas, o Gremium Moto Club Galicia e Lóstregos Lucus.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova