Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe á Asociación Cultural Amigos de Mones


# Martes, 01/07/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a 15 veciños da aldea ourensá de Mones que están a realizar unha marcha a pé dende A Coruña ata a súa vila. Forman parte da Asociación Cultural Amigos de Mones que trata de reactivar a vida social, cultural e económica deste pobo que se está a quedar sen veciños, na actualidade só hai 20. Para iso realizan unha serie de actividades entre as que se atopan esta camiñata de 9 días nos que percorrerán 227 quilómetros. López Orozco recibiunos no Concello e explicáronlle que a vila de Mones pasou de 120 veciños a tan só 20 en moi pouco tempo. As previsións que teñen son as de que quede sen case habitantes xa que a maioría están na terceira idade. Con esta iniciativa din os veciños que pretenden chamar a atención e destacar o esforzo e o tesón dunhas xentes que se resisten a que o seu pobo poda morrer. O Alcalde entregoulles como agasallo unha insignia coa imaxe da muralla para que non esquezan o seu paso pola cidade. A actividade comezou o 27 de xuño e rematará este sábado cunha festa en Mones.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova