Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o concurso de deseño gráfico


# Martes, 01/07/2008
O autor do cartel gañador contará cun premio de 2.000 euros

Continúa aberto o prazo para presentar os traballos que opten a ser o cartel anunciador das Festas do San Froilán e das actividades do San Froilanciño de 2008.  O prazo para presentar os traballos en ambos concursos pecharase ás 14:30 horas do 9 de xullo. Os interesados en participar poden entregar ou mandar a súa oferta por correo postal á Concellería de Cultura e Turismo situada na Praza Maior nº1, 27002.

O Premio de Deseño Gráfico San Froilán 2008 convida a todos os artistas, creadores e afeccionados a participar con traballos propios e orixinais que recollan o espírito das festas patronais lucenses, que están consideradas as máis populares de Galicia. O motivo e as técnicas son libres e os únicos requisitos de participación son que nos deseños debe figurar o texto: "Lugo, San Froilán 2008, 4-12 de Outubro, Excmo. Concello de Lugo" e os lemas "Festa de Interese Turístico Galego" e "Fiesta de Interés Turístico Nacional". Tamén deberá aparecer o logotipo do Concello.

O gañador do concurso, ademais de ter o honor de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.


San Froilanciño
O Concello convoca tamén o concurso de carteis San Froilanciño, que servirá para promocionar as actividades desta festa cun programa espacial para os máis pequenos.

Este certame vai destinado a rapaces menores de 15 anos, que poderán presentar as obras que desexen. As bases establecen como único requisito que figure o texto "Lugo, San Froilanciño 2008". Os traballos deben ser orixinais e o motivo e as técnicas poden ser libres. A concelleira indicou que para este cartel non se busca a perfección técnica, senon que se valora a expresividade.

O premio consistirá nun agasallo acorde coa idade do gañador. Os traballos presentados ao concurso serán amosados nunha exposición.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova