Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Vive o Verán en Lugo inicia a súa andaina no Pazo de Feiras e Congresos


# Martes, 01/07/2008
Os campamentos urbáns de verán da cidade de Lugo arrincaron hoxe no Recinto Feiral lucense e se estenderán ata o o 29 de agosto. Máis de 350 rapaces pasarán por eles ao longo dos dous meses de verán e disfrutarán dun sen fin de actividades.

A primeira edición dos Campamentos Urbáns de Verán en Lugo, Vive o verán en Lugo, abriron hoxe as súas portas nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

O acto de inauguración contou coa presencia de Antonio Gato, Portavoz da Deputación Provincial de Lugo; Carmen Basadre, Concelleira de Benestar Social, Muller e Xuventude do Concello de Lugo; Rubén López, Director-Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo; Juan Escobal de NCD Eventos.

A presentación foi introducida por Jesús Vázquez Tallón, Coordinador xeral dos campamentos Vive o Verán en Lugo.

Xa pola mañá o Pazo de Feiras recibiu aos cativos participantes na primeira quincena dos Campamentos, un total de 130 rapaces. Durante os dous meses que durará o evento, serán máis de 350 os participantes, todo un éxito de participación, dado que é a primeira edición do evento.

Vive o Verán en Lugo

Vive o Verán en Lugo desenvolverase nas inmediacións e no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo nos meses de xullo e agosto, en catro quendas dacordo coas quincenas dos respectivos meses.

Ademais de nas instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo terán lugar diversas
actividades no Polideportivo El Palomar, no Campo de Fútbol Municipal da
Cheda ou no Club Fluvial, entre outros.

En canto a saídas de carácter cultural, levaranse a cabo unha delas
en cada grupo de idade ao Centro de Interpretación do Rato e á Reserva
da Biosfera, dependentes do INLUDES.

Así mesmo terá lugar unha excursión de final dos campamentos á
Granxa Escola Garabullos en Sistallo (Cospeito) para o grupo de 4 a 8
anos e outra ao Parque Acuático de Cerceda para o grupo de 9 a 16 anos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova