Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O I Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas centra un novo número da revista Foeminas


# Xoves, 03/07/2008
A cita, que tivo lugar en Bos Aires a principios de xuño, contou coa participación de máis de 700 persoas

A revista Foeminas chega cun novo número onde expoñe unha dura realidade para as mulleres, nenas e nenos do mundo, xa que está integramente dedicado á cobertura xornalística do Primeiro Congreso Latinoamericano sobre Trata e Tráfico de Persoas, celebrado en Bos Aires, Arxentina, os días 4, 5 e 6 de xuño de 2008.

Este Congreso, ao que asistiron investigadores e investigadoras de todo o mundo e que contou coa participación de máis de 700 persoas tivo como peche a intervención artística na Praza de Maio da artista Luz Darriba, denominada "Cuestión de xénero". A instalación de máis de 500 pezas de vestir femininas colocadas na Praza o 7 de xuño a modo de protesta polas desaparicións de mulleres en mans de redes de trata, e homenaxe ás vítimas, contou co apoio da Xunta de Galicia, do Concello de Lugo, especialmente da Concelleira Carmen Basadre, e da revista Foeminas.

Neste número ofrécese unha primeira parte do informe sobre este Congreso, que adquiriu importante transcendencia a nivel mundial e que debatiu sobre a prostitución.
Na portada Foeminas presenta a súa tradicional reflexión, nesta ocasión relacionada con este terrible flaxelo, denominada "Mala vida".

Doutra banda, en Historia de Mulleres abórdase a primeira parte da vida e o legado da destacada pedagoga, mestra, escritora e socióloga galega María Barbeito. Mentras que na Galería de Arte expóñese a obra de María Victoria de la Fuente, e en Contemporánearroba o traballo de Isabel León.

Para rematar, en Mullerciclopedia publícase a segunda parte da crítica sobre o filme Persépolis, da directora iraniana Marjane Satrapi. Ademais, a revista inclúe as súas tradicionais seccións Viaxeiras (onde se atopa a apaixonante viaxe de Victoria por Santa Rita de Castilla, Perú), Mullerecetario, Noticias, e Foeminas panorámica, cargadas de novos contidos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova