Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Ábrese o prazo das solicitudes para a concesión de bolsas escolares de axuda para educación infantil


# Xoves, 03/07/2008
As axudas consistirán nun vale de 80 euros para canxear por libros e material escolar

O Concello de Lugo, abre mañá venres, 4 de xullo, o prazo para presentar as solicitudes para a concesión de bolsas escolares de axuda para educación infantil para o curso 2008-2009 e rematará o vindeiro 4 de agosto.

Para a concesión destas axudas establécense uns requisititos como estar empadroado no municipio de Lugo e que a renda "per cápita" neta anual do núcleo familiar non supere os 3.000 euros.

As bolsas escolares consisten nun vale por valor de 80 euros e servirán para canxear por libros e material escolar nas librerías  que subscriben o convenio co Concello de Lugo.

As follas de solicitude poderán recollerse na oficina de Atención ó Cidadá, na Concellería de Educación e poderán baixarse do portal web do Concello. Na folla de solicitude enumérase toda a documentación que deben xuntar os interesados e que deben rexistrar no Rexistro Xeral do Concello de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova