Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo


# Xoves, 03/07/2008
Estará aberta ao público do 5 ao 20 de xullo no fondo da Praza Maior

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Coordinador da Federación de Libreiros de Galicia, Antonio Fernández Maira, presentaron hoxe a XVII Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo que estará instalada no fondo da Praza Maior do 5 ao 20 de xullo.

Nesta feira, recuperada pola Concellería que dirixe Concepción Burgo, participarán libreiros de distintas provincias españolas. O número de exemplares que se porán á venda, será de máis de 40.000 , entre libros antigos, vellos, de saldo e de ocasión. Ademais, haberá revistas, xornais, carteis publicitarios, documentacións profesionais, cómics… Todos estos documentos estarán á venda nos oito postos da feira:

-Maxtor, de Vigo
-Pedro de La Puente, de Madrid
-Cajón de Sastre, de Ponferrada
-Libros Pariente, de Rueda
-Al Tossal, de Valencia
-Camino de Santiago, de León
-Bibliomanía de Madrid
-Libros Personajes, de Asturias

A Concelleira indicou que "cada ano dende que se retomou a feira chegan moitos máis libreiros a Lugo e se multipliquen os libros en venda nesta cita".

Haberá unha ampla representación bibliográfica de autores e temáticas de Galicia, así como un gran número de primeiras edicións de autores dos séculos XVIII, XIX e principios do XX, como Unamuno, Baroja, Valle Inclán, Otero Pedrayo, Fernández Flores e Pondal, entre outros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova