Imprimir

A XORNADA DE SEGURIDADE VIARIA NA MOTO: BIKE CON TENTO APLÁZASE POLO MAL TEMPO


4/7/2008

A xornada sobre seguridade viaria na moto que estaba previsto que tivera lugar mañá sábado 5 de xullo baixo o título Bike con tento, aplázase por mor do mal tempo. Próximamente anunciarase a data na que terá lugar esta actividade organizada polo Concello de Lugo, a Dirección Xeral de Tráfico, a Asociación Provincial de Autoescolas, o Gremium Moto Club Galicia e Lóstregos Lucus.

Este curso teórico-práctico tratrá de transmitir ás mozas e mozos lucenses as principais técnicas de manexo seguro.

Ademais, ao longo da xornada haberá diversas actividades complementarias na praza da Horta do Seminario, como o concerto de Killer (grupo que ensaia nas dependencias da Casa da Música)  e Maldía, así como unha exposición de motos.