Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo de alma romana, unha viaxe máxica para descubir a cidade


# Venres, 04/07/2008
Haberá un total de 76 visitas teatralizadas ao longo de xullo, agosto e setembro

"¡Amigos, romanos, compatriotas, prestadme atención! ¡Vengo a inhumar a César, no a ensalzarle! ¡El mal que hacen los hombres perdura sobre su memoria!".  Así introduce o personaxe de Froilán aos visitantes na máxica historia de  Lugo de alma romana que foi presentada esta mañá pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo e Santiago Pérez Carrera, productor do espectáculo.

Os 76 pases da cuarta edición das visitas teatralizadas, que comeza mañá sábado 5 de xullo, contarán con novidades, como o cambio do percorrido que será moito máis aberto. As visitas comezarán na Praza do Campo, seguirán na Praza de Santa María, pasará pola Praza Maior e rematarán no tramo peonil da Ronda da Muralla. A Concelleira explicou que "este percorrido é maior porque así o solicitaba o público, é maior a duración e ten un contenido similar ao anterior, cunha visión literaria e poética da cidade pero tamén da máis datos históricos da cidade ao longo de todos estes séculos".

O novo vestiario e o novo guión fará que lucenses e visitantes poidan sorprenderse coas súas historias e personaxes nesta viaxe na que a protagonista é a cidade de Lugo.

Os pases terán lugar os venres, sábados, domingos e festivos de xullo, agosto e setembro no seguite horario:

- Venres: ás 19:00 horas e ás 21:00 horas
- Sábado: ás 13:00 horas, ás 19:00 horas e ás 21:00 horas.
- Domingo: ás 13:00 horas.

A duración das visitas será de 60 minutos e as entradas serán a 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Poderase recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.

Dende  o Concello se agarda que esta iniciativa teña tan boa acollida como en anos anteriores. Na edición do verán de 2007 asistiron aos pases de O encanto de Lugo, a cidade transparente, máis de 6.200 persoas.

A Concelleira suliñou que "nesta ocasión a producción é íntegramente galega: os actores, a historia e a dirección; esto é algo que nos satisfai ainda máis".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova