Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso de alfabetización informática para os mozos da cidade nos meses de verán


# Luns, 07/07/2008
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro luns 14 de xullo

A Concellería de Muller e Benestar Social, a través do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias  organiza un curso de alfabetización informática para os mozos e mozas da cidade menores de 18 anos e que se desenvolverá nos meses de verán no Telecentro de O Castiñeiro.

Os obxectivos do curso serán:
-Aprender a estructurar e organizar  información no ordeador.
-Introducir e desenvolver a informática como contido de aprendizaxe
-Dar a coñecer cales son as ventaxas e perigos de internet
-Abrir o espectro de posibilidades traballando con diferentes formatos.
-Espertar a curiosidade por aprender
-Dar coñecementos básicos á poboación que non mantén contacto co ordeador por falta de ensinantes ou por falta de de ordeador e conexión a internet.
-Dar a coñecer cales son os os principais medios informáticos.

Os contidos elexíronse pola funcionalidade e utilidade que nun futuro poidan ter para eles.  Serán os seguintes:

a) OFIMÁTICA
-Microsoft Word (tratamento de textos)
-Microsoft Power point (deseño de presentacións)

b) VIDEO
-Windows Movie Maker

c) EDICIÓN DE FOTOS
-Paint
-Retoque fotográfico dixital e escaneado de imaxes
-Iniciación ó deseño gráfico
-Iniciación ó Adobe Photoshop, Gimp

d) INTERNET
-Navegación por Internet
-Elaboración de blogspot
-Iniciación deseño páxina web

Os cursos terán lugar todos os  días da semana de 11:00 a 12:30 horas e de 18:30 a 20:00 horas, a  partir do 15  de xullo (martes) ao 12 de setembro (venres). O prazo de de inscrición ábrese hoxe 7 de xullo e pecharase o vindeiro luns 14 de xullo no Punto Xuvenil da Praza do Castiñeiro de 17:00 a 20:30 horas ou chamando ao 982 214 033.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova