Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O BOP anuncia a exposición pública dos pregos para a instalación das casetas e caldeiros de polbo deo San Froilán 2008


# Luns, 07/07/2008
A Comisión de Festas decidira que a concesión sexa por 3 anos

Hoxe apareceu publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo o anuncio de exposición pública dos pregos para a autorización e instalación de casetas e caldeiros de polbo durante o San Froilán 2008, que expón o seguinte:

"A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 18 de xuño de 2008, aprobou inicialmente os pregos de cláusulas administrativas particulares e das características técnicas que rexerán o concurso público para o outorgamento de autorizacións ou licenzas de instalacións de casetas e caldeiros do polbo durante as festas patronais San Froilán-2008, de conformidade co disposto no artigo 122.1 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse éste ó público polo prazo de oito días para os efectos do seu exame e reclamacións.

Simultaneamente, e de conformidade co establecido no artigo 122.2 do citado Real Decreto Lexislativo, anúnciase a licitación, por un prazo de OITO DÍAS contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, se ben este se adiaría no suposto de que se presentasen reclamacións contra o prego de condicións.

Lugo, 25 de xuño de 2008.- O Alcalde, P.D. A
Tenente de Alcalde Delegada da Área, Concepción Burgo López."

Recordar que a Comisión de Festas decidiu, por unanimidade, que a concesión de casetas e dos postos dos caldeiros do polbo das Festas do San Froilán sexa por 3 anos, atendendo ás demandas dos polbeiros e caseteiros.

O prezo de saída das puxas aumentará este ano a subida do IPC, nun 4´9 %. Deste modo os hostaleiros poderán optar ás cinco casetas que terán os seguintes prezos de saída:
- A primeira caseta terá un prezo inicial de  17.835 euros
- A segunda  de 16.680 euros
- A terceira de 15.630 euros
- A cuarta de 14.475 euros
- A última das casetas de 13.325 euros

En canto aos prezos dos caldeiros serán os seguintes:
- O primeiro dos caldeiros sairá por 11.120 euros
- O segundo por 9.965 euros
- O terceiro por 8.920 euros
- O cuarto por 9.965 euros
 - O último por 6.610 euros.

A Comisión de Festas fixou tamén os prezos da venda ao público dos productos máis típicos do San Froilán:

- A ración de 200 gr. de polbo sairá por 6´80 euros.
- A ración de cachelos e de pan (de 200 gr.) sairá por un euro cada unha.
- ¾ de litro de denominación de viño de mesa por 4 euros.

Como todos os anos, as casetas poderán ofrecer ao público outros alimentos e bebidas complementarios con prezos non reglados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova