Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta á Comisión de Seguemento de A Ponte a súa proposta de convenio coa administración autonómica


# Martes, 08/07/2008
O Plan de Integración Social traballará dende diferentes áreas coa colabroación de diversas entidades

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañada polo Voceiro do Goberno Local, José Rábade, deu conta dos asuntos tratados na segunda xuntanza da Comisión de seguemento do plan de erradicación do chavolismo que afectaba ao veciños do barrio da Ponte. Á xuntanza, que comezou esta mañá ás 9:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Lugo, asistiron representantes do Goberno Local, de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, da Consellería de Vivenda, da Consellería de Sanidade, da Consellería de Traballo, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, e veciños do barrio da Ponte e do Castiñeiro. Carmen Basadre explicou que “nesta xuntanza o Concello presentou a súa proposta de convenio coa Xunta de Galicia para aportar un total de 1.700.000 euros para a adquisición de 15 vivendas coas que se realoxarán ás familias que, neste momento, viven no poblado xitano de O Carqueixo”. Segundo explicou a Concelleira, o 65% deste presuposto será aportado pola Administración Autonómica, 1.118.000 euros, e o 35% polo Concello de Lugo, 602.000 euros. Ademais, a Concelleira presentou aos membros da Comisión o Plan de Integración Social no que se traballa en diferentes áreas: - Servizos Sociais - Vivenda e aloxamento - Educación - Saúde e hixene - Formación e fomento do emprego. Neste plan de integración ademais de coordinarse dende os distintos servizos do Concello, cóntase coa colaboración das entidades como é a Asociación de Promoción e Integración Xitana, a Fundación do Secretariado Xitano, a Cruz Vermella e Cáritas Diocesana. Ademáis, o Concello conta coa participación da Delegación de Vicepresidencia, Igualdade e do Benestar, a Delegación Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, a Delegación Provincial de Sanidade, a Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria e a Delegación Provincial de Traballo. A Concelleira explicou que “o que vamos a facer é un programa de intervención individualizado para traballar con cada familia atendendo a aquelas cuestións nas que se requira a intervención segundo as súas necesidades”. Basadre explicou que este plan é unha actuación específica do programa de erradicación do chavolismo no que leva traballando o Concello nos últimos anos, para actuar con estas familias do Carqueixo. A vindeira xuntanza da Comisión de seguemento será previsiblemente despois do verán, no mes de setembro.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova