Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A IV edición de Teateatre servirá de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro


# Mércores, 09/07/2008
O control do corpo e da voz, a creación de guións e a construcción de personaxes centrarán os tres cursos do programa

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou xunto á Vicerreitora Adxunta de Infraestruturas e Servizos da USC, Celia Besteiro; o Coordinador de Palimoco Teatro, Alberte Viveiro; e a Directora da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández, o IV Teateatre.

A Concelleira explicou que "esta nova edición de Teateatre é unha mostra do compromiso das institucións co teatro da cidade". Concepción Burgo destacou que "neste foro danse cita algúns dos mellores profesores das distintas disciplinas teatrais".

Esta cuarta edición do Teateatre oferta tres cursos de formación dramática para profesionais e afeccionados. O programa pretende servir de foro de encontro, formación e creación para actores e amateurs do teatro.

Os cursos desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto na Aula de Teatro e Danza da USC e no Centro Sociocultural de Fingoi. A reserva de plaza realizarase chamando ao teléfono de Palimoco Teatro: 678 797 434 (de 12:00 a 15:00 horas) e unha vez confirmada, teranse tres días de prazo para facer o pago bancario e remitir xustificante e folla de inscrición ao colexio Fingoi (atención do Teateatre): Rúa Aviación Española 37. 27002 – Lugo.Nº conta Caixa Galicia: 2091 0152 21 3040077842. O prazo para inscribirse comeza hoxe, 9 de xullo, e permanecerá aberto ata unha semana antes do inicio de cada curso.

O director de escena e profesor de voz e linguaxe, Vicente Fuentes, impartirá o primeiro dos seminarios que se celebrará entre o 25 e o 29 de xullo, dedicando a quenda de mañá a traballar o corpo e a voz e a quenda de tarde á realización dun laboratorio de voz. Baixo o nome de O corpo da voz, as 35 horas de formación teñen un custe de 160 euros e terá lugar na Aula de Teatro da USC que se atopa na Facultade de Veterinaria.

O segundo dos cursos será impartido por Tatiana Rodríguez Vázquez, guionista de cine, televisión e teatro. Baixo o título Guión. Comeza a aventura, do 4 ao 7 de agosto, explicará aos asistentes as técnicas para crear dende unha idea unha boa historia que contar e representar. Este curso terá un custo de 140 euros e impartirase de 16:00 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Fingoi.

O derradeiro curso, Estudo da presenza do actor. Construción da personaxe será impartido pola actriz e profesora do Movemento e Dramaturxia do Movemento, Isabel Úbeda, entre os días 25 e 29 de agosto en horario de 9:00 a 13:00 horas ou de 16:00 a 20:00 horas no Centro Sociocultural de Fingoi. A inscrición é de 160 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova