Cargando....
Concello de Lugo
04/10/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo asistirá á presentación oficial en Galicia do libro Historias de vida en el medio rural, na Deputación lucense


#

O acto contará coa presenta do titular da Xunta e de máis de 200 mulleres rurais de toda a Comunidade

En Galicia existen 89.823 titulares de explotacións agrarias, dos que o 52,49% son mulleres



O Alcalde de Lugo, José López Orozco asistirá ao acto de presentación oficial do libro "Historias de vida en el medio rural" elaborado por FADEMUR e que terá lugar o sábado ás 12:00 horas na Deputación Provincial e contará coa presenza do Presidente autonómico, Emilio Pérez Touriño, o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Secretario Xeral de Unións Agrarias, Roberto García, a Presidenta de FADEMUR en España, Teresa López e con máis de 200 mulleres rurais. Haberá proxeccións audiovisuais e unha actuación musical.

Testemuñas reais

O libro estase a presentar en diferentes Comunidades Autónomas. En días pasados foi a quenda de Extremadura e no mes de abril en Madrid. O exemplar, do que se editaron 12.000 exemplares, relata a experiencia de 30 mulleres españolas de distintas idades e de dez comunidades autónomas distintas, entre as que se atopan 3 galegas: Begoña Liñares de Trazo (A Coruña), Esther Calviño de Tordoia e Mercedes Méndez de Ordes. Tres testemuñas que representan tres xeracións distintas a nivel persoal e profesional.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova