Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O domingo terá lugar o VIII Certame de Pintura rápida ao aire libre organizado polo Concello de Lugo


# Venres, 11/07/2008
Esta edición contará cun premio de 500 euros para un artista local

O Concello de Lugo celebrará este domingo 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, unha convocatoria xa consolidada e que o ano pasado contou con 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.

Esta nova edición conta con algunhas novidades. En primeiro lugar, delimítase o espazo que poden ocupar os pintores a só o recinto amurallado e o adarve da Muralla. O obxectivo desta delimitación é facilitar ás persoas a localización dos artistas e que poidan velos traballar.

A segunda das novidades é que as obras creadas expoñeranse na Praza Maior ao longo da tarde do día do certame e aquelas obras que non sexan premiadas poderán poñerse á venda in situ. Ademais, este ano creouse un premio especial de 500 euros para un artista local, nado ou residente en Lugo, que non é compatible coa obtención dos outros premios que serán:

- Categoría adultos:
1º Premio de  1.700 euros e diploma
2º Premio de 1.200 euros e diploma
3º Premio de 900 euros e diploma
Sete accésits de 600 euros e diploma

-Categoría xuvenil:
1º Bono de 400 euros e material de pintura e diploma
2º Bono de 300 euros e material de pintura e diploma
3º Bono de 200 euros e material de pintura e diploma

Os participantes inscribiranse o mesmo día da proba a partir das 9:00 na Oficina da Concellería de Cultura no Concello de Lugo. As 17:00 horas será a hora límite, para presentar a súa obra ante o xurado e os premios entregaranse a partir das 18:00 horas.

Como todos os anos a temática das obras ten que estar relacionada con Lugo.

Unha vez rematado o concurso, as obras poderán verse nunha exposición que se manterá aberta ata o día 24 de xullo no Uxío Novoneyra de 16:00 a 21.00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova