Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A máxica historia de Amelie centrará a primeira cita co Videoforum xuvenil


# Mércores, 09/07/2008
Será mañá xoves 10 de xullo ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro

Mañá xoves, 10 de xullo, comeza o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.

Nesta primeira proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar cunha das películas francesas máis taquilleras dos últimos anos: Amelie.

Amelie non é unha moza como as demais. Viu ao seu peixe de cores deslizarse cara aos sumidoiros municipais, á súa nai morrer na praza de Notre-Dáme e ao seu pai dedicar todo o seu afecto a un gnomo de xardín. De súpeto, aos seus vinte e dous anos, descobre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. A partir de entón, inventa toda clase de estratexias para intervir, sen que se dean conta, na existencia de varias persoas da súa contorna. Entre elas está a súa porteira, que pasa os días bebendo viño do Porto; Georgette, unha estanquera hipocondríaca; ou "o home de cristal", un veciño que só ve o mundo a través da reprodución dun cadro de Renoir.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova