Cargando....
Concello de Lugo
28/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O 72 Descenso do Sella estará adicado á cidade de Lugo


# Xoves, 10/07/2008
A Concelleira de Economía e Emprego asistiu á presentación desta proba internacional

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, acudiu hoxe na Casa da Cultura do Concello de Parres, en Arriondas ao acto de presentación da 72 edición do Descenso do Sella que terá lugar o 9 de agosto na localidade asturiana.

Esta tradicional proba veraniega estará adicada á cidade de Lugo, segundo acordou o comité organizador do descenso que preside Emilio Llamedo Olivera. Na víspera da competición, o venres 8 de agosto, procederase ao irmandamento das augas fluviais do río Miño coas do río Sella. Dende sempre, as augas lucenses e as asturianas veñen estando moi vinculadas no mundo do piragüismo, xa que son moitos os palistas de Lugo que acadaron moi bos resultados no descenso.

Neste senso, a Concelleira destacou "a aposta do Concello de Lugo polo deporte ao longo destes anos, e que a convivencia diaria coas augas do Miño fai que sintamos máis próximo calquera deporte no que esta sexa a protagonista". Méndez afirmou que "en Lugo creemos no fomento da práctica deportiva e na colaboración necesaria entre administracións".

A Concelleira expresou en nome do Alcalde de Lugo e de todos os lucenses o agradecemento e o orgullo porque "o nome de Lugo e o do río Miño protagonicen un encontro con máis de 70 anos de historia ás súas espaldas, e no que miles de persoas poderán coñecer a nosa cidade e aos nosos grandes deportistas a través desta proba".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova