Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Elexidos os carteis anunciadores das festas de San Froilán e San Froilanciño 2008


# Martes, 15/07/2008
Repartiranse 15.000 carteis e 50.000 programas co deseño por toda España

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo hoxe pública a obra gañadora do certame de deseño gráfico de San Froilán 2008 que se convertirá no cartel anunciador das festas deste ano. A premiada foi Carmen Novoa Fernández, lucense que está a estudar cuarto de Belas Artes na Universidade Pontificia de Salamanca.

A artista gañadora do concurso, ademais de ter a honra de ser a autora do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros. A Concelleira  explicou que “se repartirán 15.000 carteis e 50.000 programas coa obra gañadora, por toda a xeografía galega e diferentes puntos de España para promocionar as nosas festas de Interese Turístico Galego e Interés Turístico Nacional”.

Nesta edición o concurso contou cunha participación moi elevada, presentáronse un total de 47 carteis na edición de adultos, “que cada ano teñen unha maior calidade”

No apartado infantil do concurso a gañadora foi Alexandra Carolina Parga Pérez, unha rapaza de 6 anos que baixo o lema Estoy deseando que llegue San Froilán captou o espírito da festa entre os máis cativos. A gañadora será premiada cun agasallo.

O xurado de expertos que elexiu as obras premiadas estivo composto, ademais da Concelleira de Cultura, por Germán Álvarez Refojo, representante da Escola Superior de Deseño Ramón Falcón, o pintor Quique Bordell, e Rebeca López, gañadora do certame anterior.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova