Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Diego, el Cigala actuará nas festas de San Froilán


# Martes, 15/07/2008
Será o luns 6 de outubro na Praza Horta do Seminario

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou hoxe que o luns 6 de outubro, actuará na Praza Horta do Seminario Diego, el Cigala. O concerto formará parte do programa de festas de San Froilán de 2008 que está a preparar a súa Concellería.

Burgo resaltou "a calidade do artista que achegará a cidade os sons flamencos que o converteron nun dos músicos máis destacados deste estilo e cun recoñecemento internacional".

Ramón Jiménez Salazar é o nome que aparece no pasaporte do Cigala. O de Diego é o froito dunha disputa familiar na mesma pila bautismal e o de Cigala puxéronllo os irmáns Losada -e non Camarón, como se di- nunha das súas primeiras xiras.

Creceu no barrio popular do Rastro en Madrid. Sobrino do mítico cantante flamenco Rafael Farina, aos 12 anos gaña un concurso de televisión e o primeiro premio do certame Flamenco Mozo de Xetafe.

En 1991 participa na Misa flamenca de Paco Pena e en 1998 publica Undebel, o seu primeiro disco en solitario acompañado ás guitarras por David Amaya, Tomatito e Paquete. No 2000, Javier Limón prodúcelle Entre vareta y canastra, un disco que se publicou co apoio publicitario de artistas como O Gran Wyoming, Santiago Segura, Pablo Carbonell e Javier Krahe, entre outros, e no que participaron á guitarra Niño Josele e Vicente Amigo. O videoclip do álbum estaba realizado por Fernando Trueba. Un ano máis tarde aparece Corren tiempos de alegría, producido tamén por Javier Limón e co Niño Josele ao seu lado, e con invitados excepcionais como Bebo Valdés e Jerry González. O disco foi nomeado como Mellor Disco de Flamenco nos Grammy Latinos.

O seu cuarto disco grávase durante un concerto en directo no Teatro Real de Madrid, co único acompañamento da guitarra de Niño Josele e tamén producido por Javier Limón.

En 2002, Fernando Trueba produce Lágrimas negras, disco que une a Diego, el Cigala con Bebo Valdés ao piano e que se publica en 2003. O éxito é internacional. Diego consegue no 2004 un Grammy, tres Premios da Música, un Premio Ondas, cinco Premios Amigo, tres Discos de Platino en España e un en Arxentina, México e Venezuela.  A finais de 2004 o disco vendera máis de 700,000 copias en todo o mundo.

Tras esta obra veu "Picasso en mis ojos", disco homenaxe ao artista malagueño.

En xuño deste ano saíu á venda o seu álbum Dos Lágrimas, que non estará en tendas ata setembro. Trátase dunha nova incursión nas músicas do Caribe acompañado de grandes artistas como Yelsi Heredia, Rubalcaba, Jumitus ou Tata Güines, que vai camiño de repetir o éxito de Lágrimas negras.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova