Imprimir

A XX TRIATLÓN DO MIÑO DESPUTARASE O 19 DE XULLO EN LUGO


16/7/2008 Haberá premios, trofeos e agasallos para todos os participantes

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva, e o representante da asociación Deportiva Fefeme, José Ángel Fernández, a XX Triatlón do Miño. Esta mítica proba disputarase o sábado 19 xullo en Lugo.

Esta proba é un clásico no calendario deportivo lucense e estructurarase da seguinte maneira:

-Triatlón de promoción categorías menores (alevín, infantil e cadetes) sairá ás 16:00 horas da zona dos Robles. Nesta proba participarán 55 rapaces e rapazas, dos que 25 forman parte da Escola Municipal.
-Triatlón categoría feminina ás 17:00 horas.
-Triatlón categoría masculina ás 18:00 horas.

Na categoría de adultos hai un total de 180 inscritos que virán de diferentes puntos de Galicia, Castilla y león, Asturias e Madrid.

Distancias que deberán percorrer os atletas varían segundo as idades:

-Nenos: Natación 0,250 km.- Ciclismo 6 km. – Carreira a pé 1,200 km. 

-Adultos: Sprint: Natación 0,750 km – Ciclismo 20 km – Carreira a pé 5 km

Haberá trofeos e premios económicos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e os dous primeiros clubes masculinos e femininos. Ademais, todos os que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do XX Triatlón do Miño.

A carreira  rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlón.