Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos 25 mozos e mozas que participan no proxecto Coaching Menores de Alar Galicia


# Mércores, 16/07/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello aos 25 rapaces e rapazas lucenses que participan no Proxecto Coaching Menores posto en marcha por Alar Galicia dende o ano 2002.

Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas lucenses con máis dificultades para incorporarse á vida social normalizada, conta co apoio do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, así como doutras entidades sociais.

Segundo explicaron os organizadores cada ano arredor de 100 persoas reciben apoio técnico e informativo e o asesoramento das educadoras sociais e psicopedagogas de Alar Galicia.

Na recepción os cativos fixéronlle ao Alcalde preguntas relacionadas con múltiples aspectos: cambio climático, que facer cunha moto abandonada, quen arranxa as estradas... López Orozco explicoulles pacientemente todo o traballo que se fai dende o Concello e tomou nota das dúbidas plantexadas polos rapaces e rapazas.

Neste momento, para as actividades de verán que son todas gratuítas, contan con 25 rapaces e rapazas do municipio, que realizan deporte -nas pistas de baloncesto, futbol e nas piscinas  municipais- campamentos urbanos, xogos, cursos de informática...

O Alcalde de Lugo destacou a importante labor social que realiza este colectivo "que garante a igualdade de toda a mocidade lucense e permite, xunto co Concello, que o verán sexa unha época de vacacións e disfrute para todos".

López Orozco entregoulles ao remate uns agasallos aos cativos para que teñan un bo recordo da súa visita á Casa do Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova