Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Videoforum infantil continúa coa proxección de Alicia en el País de las Maravillas


# Luns, 14/07/2008
A cita, no Centro Social Díaz de Castro ás 18:00 horas

O Centro Social Díaz de Castro acolle hoxe á proxección de Alicia en el País de las Maravillas dentro do programa Videoforum infantil. Con esta actividade, preténdese a participación activa dos rapaces asistentes ao longo de toda a sesión. Por iso deixaráselles que fagan conxeturas, que establezan debates que favorecen ao desenvolvemento do razoamento, e por tanto da actividade.

Ao final da proxección os rapaces terán que completar unha folla con actividades para resolver, relacionadas coa película, nas que se pon en xogo o razoamento lóxico, os xogos de palabras, etc.

Alicia el el País de las Maravillas foi escrita no 1865 por Lewis Carroll e levada ó cine por Walt Disney en 1950.

A obra conta de xeito atractivo e imaxinativo historias cun trasfondo irónico e intelixente que fascinan a grandes e pequenos. Todo o mundo coñece o argumento desta universal obra, por iso que non vai ser detallada. Carroll creou un país absurdo: o caos xira atolondrado e desbordante. Para o lector adulto o autor é un visionario que logra representar o mundo principalmente de fines do XIX, que como todo cambio trouxo sensacións dispares, incoherencia, medos, ansiedades…Para o público infantil, este mundo é un mundo moi semellante ó seu, onde non hai fronteiras, onde a lóxica trócase senrazón, onde todo é posíble.

O autor nos mostra un mundo onde reina o caos. A súa visión, tinguida de humor negro, preséntanos unha vida onde os seres alienados conviven sen comunicarse. As súas individualidades representan arquetipos humanos. En definitiva, unha obra que non se ve suficientes veces.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova