Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Directiva do Pacto Territorial de Emprego de Lugo marca o seu plan de actuación semestral


# Luns, 14/07/2008
Pedro Cobo Domínguez é o novo Director Xerente da UPD

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deron conta da xuntanza da Xunta Directiva da Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo celebrada hoxe na Sala de Xuntas do Centro de Empresas e Innovación.

López Orozco presentou ante os medios de comunicación ao novo Director Xerente da Unidade de Promoción e Desenvolvemento (UPD), Pedro Cobo Domínguez. O Alcalde explicou que será o encargado de impulsar o Pacto e desenvolva todas as actuacións relacionadas coa asociación. O novo director foi elexido a través dunha comisión paritaria nos que estaban representados os sindicatos, a patronal, os concellos socios do Pacto e a Concellería de Traballo. O Alcalde de Lugo deulle a benvida ao seu posto e animoulle "a traballar para aunar todos os esforzos e tratar de solucionar o problema do paro".

Por outra banda, nesta xuntanza aprobouse o orzamento para o primeiro semestre que supón unha cantidade de 86.546 euros, a súa maioría financiados pola Consellería de Traballo e que estará destinado ao pagamento dos salarios do persoal que traballe na UPD e aos gastos que va a orixinar as actuacións do Plan Semestral que se alongará ata o 29 de decembro deste ano:

1.- Observatorio do mercado de traballo: É un instrumento de análisis, recopilación e difusión da información relativa ao emprego dentro do ámbito de actuación dos Concellos pertencentes á Asociación do Pacto (38 Concellos).

A función esencial será a de proporcionar a información actualizada da realidade sociolaboral e económica aos axentes implicados na creación, mellora da empregabilidade, formación, orientación e inserción laboral, circunscritos no seu ámbito de actuación. "O seu obxectivo será coñecer o número de traballadores parados, a súa idade, sexo e formación, para por fin a esta situación de desemprego", indicou o Alcalde.

2.- Base de datos das empresas: Creación e actualización permanente da composición do tecido empresarial de Lugo, co fin de determinar as súas necesidades laborais, formativas, económicas, etc.. que serva de base os axentes no ámbito do Pacto Territorial.

3.- Mapa de servizos.- Elaboración do mapa de recursos existentes en materia de políticas activas de emprego, tendo en conta todas as institucións e entidades, tanto públicas como privadas, implicadas nestas políticas, tales como axentes, oficiñas de emprego, asociacións sen ánimo de lucro, etc...

4.-Plan captación de empresas.- Nesta primeira fase, procederase a recopilar a información disponible por cada un dos concellos respecto a solo industrial e comercial e as súas características, así como os incentivos dos que poidan beneficiarse das distintas administracións ( Xunta de Galicia, Concellos, organismos, etc…), tendentes a súa implantación no ámbito do Pacto Territorial.

Historia do Pacto

O Pacto Territorial de Emprego de Lugo, naceu en decembro do 2007 coa misión de planificar políticas laborais por un valor aproximado de 37 millóns de euros. Alcaldes e representantes municipais dos 38 concellos da zona centro da provincia, xunto con responsables sindicais e empresariais da devandita área, suscribiron naquela data o primeiro dos catro Pactos Territoriais de Emprego da Consellería de Traballo.

Xa en maio deste ano constituiuse en Lugo a Asamblea da Asociación Impulsora do Pacto que conta cos seguintes órganos:

-Presidente: D. José Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo. -Vicepresidentes: D.Joaquín Muñoz Ayala, Director da Oficina de Emprego de Lugo por parte da Consellería de Traballo; D. Jaime Luis Lopez Vazquez, Vicepresidente da Confederación de Empresarios de Lugo;D. Jesús Castro Baamonde, Secretario de CC.OO. de Lugo.

-Vogais: D. Claudio Melquiades Garrido Martínez, Alcalde de Sarria; D. Argelio Fernández , Alcalde da Fonsagrada; D. José Pardo Lombao, Alcalde de Outeiro de Rei; D. José Mª López Rancaño, Alcalde de Abadín; D. José Antonio Vázquez, Alcalde de Begonte.

Ao Pacto Territorial de Emprego de Lugo pertencen os Concellos de: Abadín, Antas de Ulla,Baleira,Baralla,Becerreá,Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Frio, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, Monterroso, Navia de Suarna, Negreira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Samos, Rábade, Sarria, Triacastela e Vilalba.

Para dar os primeiros pasos cara a posta en marcha do Pacto, considerouse que a figura xurídica máis axeitada para levarlo a cabo era unha asociación. Así, a Asociación Impulsora do Pacto Territorial de Emprego de Lugo naceu o día 20 de febrero de 2008, e asinaron a Acta fundacional da mesma os Concellos de:

-Lugo

-Guntín

-Xermade

-Begonte

-Friol

-Sarria

-Navia de Suarna

-Láncara

-Monterroso

-O Páramo

-Abadín

-Becerreá

-Pol

-Castroverde

E as organizacións sindicais:

-UXT

-Comisións Obreiras

-CIG




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova