Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello oferta alternativas de ocio educativo para os meses de xullo e agosto


# Martes, 15/07/2008
O xadrez e a lectura protagonizan a programación de actividades de verán da Concellería de Educación

A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro organiza, en colaboración con El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum, unha programación de actividades de verán protagonizada polo xadrez e a lectura.

As actividades encádranse nos programas Verán Lúdico e Viaxe pola historia do xadrez que están orientados a ofrecer unha alternativa de ocio educativo aos nenos e maiores.

O programa de "Verán Lúdico" estase a desenvolver na piscina descuberta de Frigsa de luns a venres, en horario de 16:00 a 19:00 horas, ata o 31 de agosto. As actividades, que van destinadas aos usuarios da piscina e son gratuítas, comprenden unha biblioteca de verán, un punto xadrecístico e unha zona de ludoteca con diversos xogos de mesa como o parchís, o dominó ou catro en liña. Deste xeito, os bañistas gozan do préstamo gratuíto de libros, da oportunidade de aprender as técnicas do xadrez baixo a supervisión de monitores especializados e de xogar partidas ao parchís.

A "Viaxe pola historia do xadrez" é un programa que xa se ven desenvolvendo dende fai anos e acadou un gran éxito de participación. O seu obxectivo é achegar aos cidadáns o deporte do xadrez e promover a súa práctica a través de torneos e do ensino das súas técnicas.
 
Esta actividade é gratuíta e non require inscrición previa. Todos os xoves de 19:00 a 21:00 horas, a Praza Maior acolle partidas de xadrez xigante e convencional e unha biblioteca itinerante. Mentres, os martes, no mesmo horario, percorrerá distintos barrios da cidade co seguinte horario:

-O día 24 de xullo visitará á Praza da Milagrosa;

-O 29 de xullo desenvolverase na Praza Vermella;

-O martes 5 de agosto, na Praza do Castiñeiro;

-O día 12 de agosto estará no Centro Social do Sagrado Corazón;

-O 19 de agosto, na Praza da Milagrosa;

-O 26 de agosto rematará na Praza Vermella




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova