Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Banda Municipal de Música estrea a obra Diamantes


# Mércores, 16/07/2008
O autor da peza é o músico Anxo Castelo Corredoira, membro da banda

A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, tocará por primeira vez Diamantes, obra do  músico e compositor Anxo Castelo Corredoira.

O autor da peZa naceu en Miraz, Friol, e comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música da Coruña. É autor de moitas obras musicais como Ese Cabalo, Mambo Sur, etc. Na actualidade é músico da banda Municipal de Música de Lugo.

O concerto que terá unha duración dunha hora, dará comezo mañá xoves 17 de xullo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.

Por outra banda, o Director da Banda Municipal de Música, Rosendo Ivora Jover, foi elexido pola Deputación de Pontevedra, para formar parte do xurado dos Primeiros Concursos Zonais de Bandas de Música. Ivorra participou o pasado sábado na selección da zona de Vigo, e participará o vindeiro domingo na da zona do Salnés, Ulla e Umia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova