Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A terceira edición de Vellos Oficios Vivos contará coa participación de máis de 40 artesáns


# Xoves, 17/07/2008
Será todos os sábados na Praza Maior ata o 13 de setembro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou as mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividade culturais Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería que comezarán este sábado, día 19 de xullo, coa demostración dos traballos dun soprador de cristal, un zapateiro, e un oleiro que estarán acompañados por un conxunto folclórico. Na súa presentación Burgo estivo acompañada polo cordinador da actividade, Carlos Vázquez.

Esta actividade desenvolverase, como veu sendo habitual ao longo destes meses estivais,  ata o 13 de setembro, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde.

É o terceiro ano que se desenvolve esta actividade en colaboración con Ágora Cultural, e contará nesta edición con máis de 40 artesáns. Esta actividade foi concebida para dar difundir e promocionar os sistemas de traballo seculares que empregan estes artesáns para elaborar os seus produtos. Durantes os sábados dos meses de xullo e agosto exhibirán a súa destreza silleiros, palilleiras, ferreiros, zoqueiros, oleiros... todos representantes dun estilo de traballar que sobreviviu á Revolución Industrial.

A Concelleira destacou o atractivo turístico que supoñen estas demostracións no centro da cidade e a interacción que se produce ente o artesán e o público: conversacións, talleres, venta de productos, etc.

Burgo explicou que "esta iniciativa lévase a cabo para defender estes oficios que están a piques de desaparecer".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova