Cargando....
Concello de Lugo
25/09/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Os ríos Miño e Sella irmándanse dedicando o 72 Descenso Internacional á cidade de Lugo


# Xoves, 17/07/2008
O Alcalde de Lugo, o Concelleiro de Deportes e os Alcaldes de Arriondas e Ribadesella participaron neste acto

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu ao acto de irmandamento dos ríos Miño e Sella que tivo lugar na cidade de Lugo. Tamén estiveron presentes os Alcaldes de Parres (Arriondas) Manuel Millán, e de Ribadesella, Ramón Manuel Canal.

O acto comezou cun encontro dos responsables políticos na Casa do Concello. Alí López Orozco recibiu un exemplar do cartel anunciador desta proba deportiva, e que nesta ocasión deseñou o debuxante Ibañez, facendo un guiño á actualidade e ao pasado, coas súas personaxes míticas, Mortadelo e Filemón, e diversas personalidades da vida política española actual.

Esta 72 edición do Descenso Internacional do Sella, que terá lugar o 9 de agosto na localidade asturiana, ademais de contar coa novidade do irmandamento, estará dedicada por primeira vez á cidade de Lugo, segundo acordou o comité organizador do descenso que preside Emilio Llamedo Olivera.

Esta mañá tivo lugar o irmandamento simbólico das augas do río Miño e Sellla e na véspera da competición, o venres 8 de agosto, procederase ao irmandamento das augas fluviais na localidade asturiana de Ribadesella, a este acto está previsto que acuda o Concelleiro de Deportes lucense.

Dende sempre, as augas lucenses e as asturianas veñen estando moi vinculadas no mundo do piragüismo, xa que son moitos os palistas de Lugo que acadaron bos resultados no descenso. De feito, o Alcalde e os responsables da organización deste evento deportivo, destacaron a varios piragüistas lucenses que ganaron este descenso en 5 ocasións. Nomes coma o de Misioné, Perurena ou Chilares, moi vinculados ao Club Fluvial e ganadores desta proba, soaron ao longo de todo o acto de irmandamento.

O acto rematou co verquido simbólico de auga traída dende o río Sella, nas augas do Miño.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova