Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura e Turismo inaugura a terceira edición de Vellos Oficios Vivos que contará con máis de 40 artesáns


# Sábado, 19/07/2008
Será todos os sábados na Praza Maior ata o 13 de setembro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, acompañada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, visitaron aos artesáns que comezaron este sábado 19 de xullo as mostras dos Vellos Oficios Vivos encadradas no programa de actividades culturais Verán en Lugo elaborado pola súa Concellería.

Concepción Burgo comprobou o traballo artesán realizado por un soprador de vidro chegado dende Uruguai -Marcel Pazos-, un zapateiro -X. Ramón Laia-, uns oleiros de Buño -Julio e José Cambre- ou uns redeiros -Alfredo Piñeiro e David- chegados de Portosín. Estiveron acompañados polo conxunto folclórico Tantonosten que encheron de música tradicional a Praza Maior lucense

Esta actividade desenvolverase, como veu sendo habitual ao longo destes meses estivais,  ata o 13 de setembro, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde.

É o terceiro ano que se desenvolve esta actividade en colaboración con Ágora Cultural, e contará nesta edición con máis de 40 artesáns. Esta actividade foi concebida para difundir e promocionar os sistemas de traballo seculares que empregan estes artesáns para elaborar os seus produtos. Durantes os sábados dos meses de xullo e agosto exhibirán a súa destreza silleiros, palilleiras, ferreiros, zoqueiros, oleiros… todos representantes dun estilo de traballar que sobreviviu á Revolución Industrial.

O vindeiro sábado 26 de xullo, estarán na Praza Maior unha cesteira, ferreiros e torneiros e un torneiro de madeira que emprega un torno tradicional recuperado para facer o seu traballo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova