Imprimir

CÁNTIGAS E FRORES ACTUARÁ PARA CELEBRAR EN LUGO O DÍA NACIONAL DE GALICIA


21/7/2008 Será a partir das 12:30 horas na Praza Maior

O 25 de xullo toda Galicia estará a celebrar a festa de Santiago Apóstol e o Concello de Lugo únese á festividade organizando unha actuación da asociación cultural Cántigas e Frores.

O grupo, que é unha das agrupacións máis antigas e máis consolidadas da cidade, fará disfrutar ao público coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. O seu repertorio popular, de música e danza con raíces, será o especial homenaxe de Lugo ao patrono de España.

Non faltarán pezas como as muiñeiras, pandeiradas, pasodobles, rumbas ou xotas que encherán de ritmo a Praza Maior a partir das 12:30 horas do vindeiro venres.

Cántigas e Frores ven de participar na viaxe cultural, empresarial e institucional a China celebrada o pasado mes de xuño. Nesta viaxe os catro representantes da asociación levaron ata a Gran Muralla China a música tradicional galega.