Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concerto de Lúa da Fouce dará continuidade o mércores ao programa Entre Lusco e Fusco de Lugo Cultural


# Martes, 22/07/2008
Aprazada para setembro a ruta polo Camiño Primitivo

O concerto do grupo Lúa da Fouce dará continuidade este mércores 23 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra á Vicerreitoría de Cultura da USC, Concello de Lugo, Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia.

Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celébranse varias actuacións musicais este verán co obxectivo de recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.

Por isto, este ano os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos. A actuación de Lúa da Fouce será a terceira deste ciclo, na que tocarán os temas de ‘Paisaxes’.

O grupo fórmase no ano 2007 en Santiago de Compostela, experimentando coa base da música tradicional para levala á actualidade. O traballo que presentan en Lugo fala da liberdade e da paz que cada un busca para conseguir o benestar persoal. Ofrecen música feita dende o sentimento, proxectada con moita forza e dirixida para conmover a fibra humana.

Os concertos deste ciclo continuarán en setembro, o 10 e o 17, cando actuarán Kimuru e Cinematojazzia con Nani García, respectivamente. As actuacións, de entrada libre e gratuíta, serán os mércores ás 21:00 horas.

Camiño Primitivo
Por razóns alleas á organización, a Ruta do Camiño Primitivo, organizada para o día 23 dentro do programa ‘Pegadas’ do Convenio Lugo Cultural, celebrarase finalmente no mes de setembro.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova