Imprimir

EL EFECTO IGUAZÚ CONTINUARÁ CO CICLO DE CINE VIDEOFORUM XUVENIL


23/7/2008 Será mañá xoves 24 de xullo ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro

Mañá xoves, 24 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.

Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar co documental que mostra a loita dos  traballadores de Sintel durante os 187 días que estiveron acampados na beira da Castellana: El efecto Iguazú.

Os oitocentos empregados da empresa de telecomunicacións Sintel, cun alto índice de afiliación sindical, estaban acostumados á negociación e á movilización para establecer os seus convenios. Pero de súpeto atopáronse na rúa. A venta fraudulenta da empresa e a falta de interlocutores lanzáronlles a unha acción sen precedentes no madrileño Paseo da Castellana.

Da noite á maña, trocaron a vida na súa casa, cos súas familias e os seus fillos, pola convivencia máis extrema, en tendas de campaña e chabolas que se construíron no centro financieiro da capital.

Esta cinta acadou o segundo premio da sección Tiempo de Historia do Festival de Cine de Valladolid 2002 e, no mesmo ano, foi candidata ao Goya como mellor película documental.